Suma peces
Suma pezas é un proxecto educativo curricular en galego para todas as áreas de coñecemento de Secundaria e Bacharelato baseado na aprendizaxe por competencias e no desenvolvemento de compromisos dos estudantes coa realidade do seu tempo.
Suma pezas propón un novo enfoque competencial, co máximo rigor curricular e unha secuenciación de contidos coherente e coordinada entre todas as áreas ao longo das etapas de Secundaria e Bacharelato. Favorece a competencia en comunicación lingüística, que é esencial para acceder aos coñecementos que nos permiten comprender o mundo que nos rodea e desenvolver habilidades de convivencia.